PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores Foro Aje Vigo / Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores /

1º Encontro de Innovación: BALNEGAL, plataforma de xestión turística. Dhuman Consultores

 
#1 | Publicado: 25 May 2009 17:55 | Responder 
 
Ver presentación

Neste primer encontro, a empresa asociada dhuman consultores acompañada polo Xerente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, presentó un exemplo de proxecto colaborativo en materia de innovación:

BALNEGAL, plataforma de xestión turística
O proxecto consistiu en achegar aos balnearios de Galicia os medios técnicos para xestionar, promocionar e vender os seus produtos e servizos turísticos nos novos mercados de distribución. O proxecto baseouse no desenvolvemento de Balnegal, que é a plataforma de comercialización conxunta dos balnearios galegos. Neste proxecto participou a Asociación Galega da Propiedade Balnearia, como promotor do mesmo, 14 balnearios, dhuman consultores e asired telecomunicacións. O proxecto foi cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro do Plan Nacional de Procura Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011, cofinanciado tamén polo Fondo Europeu de Desenvolvemento Rexional (FEDER), así como pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia.

TIC
Miembro
 
Su respuesta