PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores Foro Aje Vigo / Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores /

Proxecto de innovación: Os Xoves, un espazo para compartir coñecementos innovadores

 
#1 | Publicado: 25 May 2009 18:06 | Responder 




O mercado actual en que desenvolven as súas actividades as empresas impón uns novos retos derivados do proceso de cambio en que esta está inmersa (liberalización de mercados, globalización, desaparición de barreiras de comercio..)

Isto significa que as empresas en xeral e as pymes en especial, non poden basear a súa competitividade actuando de forma illada en aspectos parciais do negocio. Aspectos como o acceso á tecnoloxía, a cooperación empresarial, a mellora da productividade ou o acceso a novos mercados, requieren un tamaño crítico que, na maioría dos casos non teñen as pymes no noso país. Isto significa que a posición competitiva só a poden acadar mediante a constitución de alianzas estratéxicas e a implementación das novas tecnoloxías e innovación na xestión e nos procesos, orientadas a complementar as súas áreas críticas.

A través de xornadas como esta temos a oportunidade de apoiar o desenvolvemento da sociedade da información entre a sociedade galega e camiñar cara a convergencia con Europa no uso das SIC en todos os aspectos da nosa vida.

É un feito que estas accións en Galicia son infrautilizadas polo que é necesario desenvolver un proceso eficiente de sensibilización e asimilación da cultura da interactuación entre pymes en materia das novas tecnoloxías, especialmente entre empresas do sector SIC e aqueloutras empresas tractoras que estean en disposición de introducir estas melloras.
O obxectivo xeral é contribuír de forma significativa ao desenvolvemento do coñecemento e utilización das novas tecnoloxías entre os novos empresarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para conseguir este obxectivo xeral, están previstos os seguintes obxectivos específicos:
- Fomentar o coñecemento e a creación de sinergias entre o sector SIC
- Sensibilizar ao cidadán e aportarlle o concepto das novas tecnoloxías, facendolle sentir parte integrante da mesma.
- Incrementar a participación das empresas na sociedade da información, difundindo a súa actividade na empresa e nas asociacións e outros organismos colaboradores.
- Aportar experiencias de éxito de empresas que xa utilizan estas ferramentas, coñecer e intercambiar ideas.

2. Realización de 7 Encontros de innovación que servirán de presentación dos servizos máis innovadores ou descoñecidos para a PYME, ofrecidos por empresas do sector Tic.

Encontros previstos 2009:

28 maio.
Almorzo FORO: Exemplo de proxecto colaborativo en innovación.
18 xuño.
Almorzo FORO: VPN "Comunicacións corporativas seguras a través de Internet".
26 novembro.
Almorzo FORO: "Alternativas a MS WINDOWS baseadas en SW libre, no ámbito empresarial".
30 xullo
Almorzo FORO: Medios de comunicación e aforro de custos.
24 setembro
Almorzo FORO: Sistemas portables de xestión: Centralitas, pdas, redes...
29 outubro
Almorzo FORO: Axudas a proxectos Tic e/ou innovadores
17 decembro
Almorzo FORO: Teño unha pregunta TIC para vostede: Dúbidas pendentes en materia de innovación, comunicacións.
TIC
Miembro
 
Su respuesta