PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores Foro Aje Vigo / Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores /

3º Encontro de Innovación: Solucións tecnolóxicas aplicadas ao traballo. Imaxdi, Real Innovation

 
#1 | Publicado: 17 Jul 2009 10:51 | Responder 
 
Ver presentación

AJE Vigo celebrou o xoves 16 de xulio, a las 09:00h da mañán, o Encontro de Innovación "Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores" nas instalacións do Club Financeiro de Vigo (C/ García Barbón 62).

Esta sesión encadrase dentro do programa “Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación”, cofinanciado polo Igape e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de presentar os servizos mas innovadores ou descoñecidos para a PEME, ofrecidos por empresas do sector TIC, co ánimo de que poidan establecerse alianzas estratéxicas e presentar proxectos de maior alcance.

Neste encontro, centrado no tema Solucións tecnolóxicas aplicadas ao traballo presentouse un sistema de escritura que revolucionará a forma de traballar nas empresas que utilicen formularios, xa que permitirá trasladar os datos manuscritos ao sistema informático de cada empresa en tempo real, cun grao de fiabilidade e personalización no OCR que non se viu ata o momento en España, malia que en Europa leva máis de 4 anos implantandose con éxito en todo tipo de empresas e organizacións.
A empresa asociada Imaxdi, Real innovation é unha EBT galega especializada na xestión da tecnoloxía e da innovación, actualmente participa nun proxecto do Programa Marco 7PM e lidera un proxecto do Plan Avanza, entre outros. Toda esta orientación á I +D a complementa co desenvolvemento de produtos que ha detectado nos seus procesos de vixilancia tecnolóxica e que desenvolveu para adaptaros ao mercado.
 


TIC
Miembro
 
Su respuesta