PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores Foro Aje Vigo / Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores /

4º Encontro de Innovación: Proxectos de innovación aplicada na industria galega. Soltec Ingenieros

 
#1 | Publicado: 1 Oct 2009 12:39 | Responder 


Ver presentación Soltec Ingenieros   Ver presentación Auditoría enerxética

AJE Vigo celebrou o mércores30 de setembro, as 09:00h da mañán, o Encontro de Innovación "Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores" nas instalacións do Club Financeiro de Vigo (C/ García Barbón 62).

Esta sesión encadrase dentro do programa “Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación”, cofinanciado polo Igape e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de presentar os servizos mas innovadores ou descoñecidos para a PEME, ofrecidos por empresas do sector TIC, co ánimo de que poidan establecerse alianzas estratéxicas e presentar proxectos de maior alcance.

Proxectos de innovación aplicada na industria galega. Necesidade ou prioridade dos nosos clientes?

Neste encontro, a empresa asociada Soltec Enxeñeiros, presentou proxectos emblemáticos de innovación, facendo un percorrido desde a orixe da idea, os primeiros pasos e formulacións, pasando pola materialización e desenvolvemento, ata o resultado final.

Desde o departamento de proxectos de innovación de Soltec Enxeñeiros, deron unha visión aplicada dos proxectos desenvolvidos nos últimos anos, así como a súa evolución e resultado segundo o cliente e o mercado no que se encontran. Tocaronse áreas nas que participa a empresa como I+D+i, desenvolvemento de maquinas e liñas de produción, lean manufacturing, simulación, enerxías alternativas, eficiencia e aforro enerxético e unha descrición de liñas de subvención do Inega 2009 (Convocatoria pendente de abrirse en Outubro 2009).


TIC
Miembro
 
Su respuesta