PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores Foro Aje Vigo / Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores /

5º Encontro de Innovación: Novas Tendencias en Marketing Dixital. Interacción

 
#1 | Publicado: 3 Nov 2009 10:45 | Responder 

Ver presentación 

AJE Vigo celebrou o xoves 29 de outubro, as 09:00h da mañán, o Encontro de Innovación "Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores" nas instalacións do Club Financeiro de Vigo (C/ García Barbón 62).

Esta sesión encadrase dentro do programa “Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación”, cofinanciado polo Igape e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de presentar os servizos mas innovadores ou descoñecidos para a PEME, ofrecidos por empresas do sector TIC, co ánimo de que poidan establecerse alianzas estratéxicas e presentar proxectos de maior alcance.

Neste encontro, a empresa asociada Interacción compartiu coa audiencia algunhas reflexións sobre as últimas tendencias no marketing interactivo e, sobre todo, como aplicalas para lograr unha comunicación eficaz e rendible.

“Novas Tendencias en Marketing Dixital: A Xestión Eficaz de Promocións Interactivas”

O equipo de Interacción traballa desde 1995 no campo da comunicación interactiva, sendo na actualidade a axencia interactiva máis premiada de Galicia. Ao longo destes anos tivo a oportunidade de traballar en proxectos para todo tipo de clientes, coñecendo de primeira man as súas necesidades no ámbito da comunicación en Novos Medios.

Nesta presentación Jaime Arregui, Director Comercial de Interacción, ademais de compartir coa audiencia algunhas reflexións sobre as últimas tendencias no marketing interactivo, aproveitou a ocasión para presentar Interpromo, unha solución innovadora que permite a xestión e despregue de promocións interactivas multiplataforma. Esta solución foi desenvolvida por Interacción con apoio da Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia.

TIC
Miembro
 
Su respuesta