Ver presentación
AJE Vigo celebrou o xoves 26 de novembro, as 09:00h da mañán, o Encontro de Innovación "Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores" nas instalacións do Club Financeiro de Vigo (C/ García Barbón 62).
Esta sesión enmarcase dentro do programa “Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación”, cofinanciado polo Igape e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de presentar os servizos máis innovadores ou descoñecidos para a PEME, ofrecidos por empresas do sector TIC, co ánimo de que se poidan establecer alianzas estratéxicas e presentar proxectos de maior alcance.
Neste encontro, a empresa asociada GRUPO P&A CONSULTORES compartiu coa audiencia algunhas reflexións sobre as diversas opcións de aplicacións dispoñibles na actualidade en entornos non propietarios, e como levar a cabo unha migración desde entornos propietarios, valorando as diversas opcións de mercado e como afrontar un proxecto de migración.
“Alternativas a MS WINDOWS baseado en SW libre, no ámbito empresarial”
Nesta presentación tratouse as diversas opcións existentes, así como a problemática que comporta a migración dun entorno propietario a un libre/Open Source, mostrando diversas alternativas e valorando as vantaxes e inconvenientes que achega cada caso. Guillermo Álvarez-Soto Mosquera é Consultor informático e Responsable da Área TIC do GRUPO P&A. É programador de ordenadores titulados con experiencia en programación, multimedia e administración de bases de datos en diversos ámbitos de actuación. É o promotor da migración do ERP e CRM de GRUPO P&A de Proxecto Access con SQL Server a XAMP con Linux, como un primeiro paso de cambio xeneralizado do software propietario a software Open Source.
