VER PRESENTACIÓN
Innovación e redes sociais, como facebook, receitas para os emprendedores galegos
Patricia García, nova presidenta de Aje Vigo agradeceu a IGAPE o seu apoio a esta iniciativa "interesante e motivadora para os mozos empresarios" A Xornada de Innovación 09, organizada pola Asociación de Mozos Empresarios de Galicia, Aje Vigo, apoiada por IGAPE con fondos europeos, celebrouse o 16 de decembro pola tarde no Club Financeiro de Vigo. Nela participaron numerosos mozos empresarios e emprendedores de distintos puntos da xeografía galega.
Rubén Hermida, novo vicepresidente Aje Vigo, presentou a Rubén Bastón, responsable de Social Media en Elogia e especialista en marketing e redes sociais, quen incidiu na importancia de facer un uso correcto da comunicación a través da web 2.0 e as redes sociais como facebook. Rubén Bastón comentou diferentes estratexias para sacar o máximo partido ás novas canles de comunicación directa co cliente. Como estratego en medios sociais, Bastón coordina un equipo de 8 Community manager que xestiona campañas con clientes como a Obra Social Caixanova, Adidas, Joma Sport, Pizza Móbil ou Nokia.