PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Ayudas y subvenciones Foro Aje Vigo / Ayudas y subvenciones /

Axudas TIC a autónomos

 
#1 | Publicado: 23 Dic 2008 14:15 | Responder 
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 9 de outubro até 2010

Organismo convocante: Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria

Obxecto da convocatoria:  A subvención vai dirixida a traballadores dados de alta no Réxime Especial da Seguridade Social, con domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galiza, agás os comerciantes retallistas, para os que xa existe unha liña de axudas específica.

Non serán subvencionábeis a adquisición de licenzas de software adicional, outros periféricos ou outro tipo de dispositivos distintos do computador. A axuda acadará o 45% do investimento, cun límite máximo de 350 euros por solicitante.

As subvencións tramítanse directamente a través dos provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento desta liña de axudas, e que se pode consultar no DOG deste 8 de outubro.

As persoas traballadoras autónomas que se queiran acoller ás subvencións, deberán presentar na entidade colaboradora a seguinte documentación: 

  • Copia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
  • Identificación, por declaración do solicitante, do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta censual no IAE.
  • Exclusivamente para o caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá requirirse do solicitante a presentación de certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante. A antigüidade máxima deste certificado será de 3 meses.

A concesión da subvención será inmediata no caso de que o solicitante cumpra con todos os requisitos para ser beneficiario, e o crédito total destinado a esta liña de axudas non estea esgotado. O prazo de solicitude ábrese o 9 de outubro e seguirá vixente durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto, que son 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no ano 2009. Esta axuda conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Convocatoria: Resolución do 25 de setembro de 2008, DOG Nº 195 de 8 de outubro

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de solicitude ábrese o 9 de outubro e seguirá vixente durante o ano 2009

TIC
Miembro
 
Su respuesta