PORTADA FORO | LISTADO FOROS | PARTICIPANTES | WEB AJE VIGO  

Ayudas y subvenciones Foro Aje Vigo / Ayudas y subvenciones /

Mecanismo para as PEME innovadoras e de rápido crecemento (MIC) (2007-2013)

 
#1 | Publicado: 23 Dic 2008 14:18 | Responder 
Prazo de presentación de solicitudes: até 2013

Organismo convocante: Comisión Europea

Obxecto da convocatoria:  O mecanismo para as pemes innovadoras e de rápido crecemento é un instrumento financeiro creado para poñer en execución accións que forman parte do Programa para a iniciativa empresarial e a innovación, que abarca desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2013.

As súas funcións: contribuír á creación e financiamento das pemes e a reducir o déficit de fondos propios e de capital risco, apoiar a pemes innovadoras con grande potencial de crecemento, en especial ás que se dedican á investigación e ao desenvolvemento, e a outras actividades de innovación.

O MIC constará de dous capítulos:

- MIC1, cubrirá os investimentos da fase inicial (financiamento de sementeira e de posta en marcha). Abarcará os investimentos en fondos especializados de capital risco, tales como fondos para o financiamento da fase inicial das empresas, fondos rexionais, fondos especializados en sectores, tecnoloxías ou IDT específicos e fondos vencellados a incubadoras de empresas, que á súa vez proporcionen capital ás pemes.

- MIC2, cubrirá os investimentos da fase de expansión das empresas e investirá en fondo especializados de capital de risco que á súa vez proporcionen capital ou cuase-capital a pemes innovadoras con grande potencial de crecemento que se atopen nunha fase de expansión.

Tipo de subvención: Participación en capital social

Contía da axuda: axuda máxima: 50,00 % ou 30.000.000,00 €

Beneficiarios: intermediarios financeiros con orientación comercial, xestionados
por equipos independentes que posúan a cualificación e experiencia apropiadas.

O MIC poderá investir a través de intermediarios e traballar, cando cumpra, con instrumentos nacionais de desenvolvemento de sociedades de investimento especializadas en pequenas empresas.

Prazo de presentación de solicitudes: de 01/01/2007 até 31/12/2013
 

Máis información: Competitiveness and Innovation framework Programme (2007-2013)

TIC
Miembro
 
Su respuesta