Pretenden o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora das empresas galegas mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de investigación e innovación como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos.
Establécense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:
-Innovapeme: investimentos para unidades de I+D nas Pemes.
-Innovamais: investimentos para unidades de I+D en grandes empresas.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como as agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os anteriores requisitos.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 10 de agosto de 2009