Modalidade A: Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación
Modalidade B: Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en Pemes.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
- Os organismos de intermediación e representación empresariais con personalidade xurídica propia e e sen fin de lucro, que aglutinan colectivos sectoriais e/ou xeográficos de empresas, e que ademais dunha función de representación do colectivo deben prestar de forma habitual servizos de apoio ás empresas e presentar un interese preferente pola innovación. Poderán ser organizacións de ámbito xeográfico autonómico, provincial ou local tanto de carácter xeral como sectoriais ou de especialización tecnolóxica, que dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia.
- Empresas consultoras con especialización e experiencia demostrable na xestión da innovación e no fomento de accións de articulación do Sistema de Innovación, que entre as súas actividades oferten servizos de consultoría en innovación e dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 10 de agosto de 2009