INICIO CONTACTO | 20 de Febrero de 2011
 
   

NOTICIAS

17/06/2010

Programa de Asistencia Técnica individualizada no ámbito da I+D+i e a Xestión Empresarial

Os empresarios que desexen inscribirse deberán realizar a solicitude antes do 24 de Xuño de 2010

A Dirección Xeral de Política da PEME subscribiu un convenio coa Fundación EOI Escola de Organización Industrial para desenvolver un Programa de Asistencia Técnica individualizada no ámbito da I+D+i e a Xestión Empresarial, en prol de aumentar e consolidar a base empresarial de carácter innovador mediante a detección de proxectos de calidade e viabilidade científica e / ou tecnolóxica.

 O Programa consiste na realización de actuacións de consultoría e asesoramento avanzado a empresas para axudarlles na elaboración de diagnósticos e plans de actuación. O asesoramento será prestado por profesionais con gran experiencia de EOI Escola de Organización Industrial.

O servizo de consultoría será individual co fin de axustaro a cada empresa beneficiaria e impulsar polo tanto unha máxima eficiencia do mesmo. As actuacións apoiaranse nuns diagnósticos iniciais, que servirán para avaliar o grao de innovación, a experiencia do equipo xestor e o potencial de crecemento da empresa. O resultado da consultoría concretarase ben na mellora do seu Plan de Empresa, na mellora do seu actual Plan Estratéxico ou no desenvolvemento dun Plan de I+D+i coa identificación dalgún proxecto de actuación de I+D+i, segundo o caso.

Máis información e formulario de iscrición nas direccións electrónicas que aparecen a continuación a información do Programa así como o procedemento e o formulario de inscrición:




 

NOTICIAS

17/06/2010

Programa de Asistencia Técnica individualizada no ámbito da I+D+i e a Xestión Empresarial

Os empresarios que desexen inscribirse deberán realizar a solicitude antes do 24 de Xuño de 2010

14/06/2010

O prazo para a presentación de solicitudes a convocatoria para o subprograma INNCORPORA amplíase ata o 25 de xuño de 2010.

Incorporación de tecnólogos, convocatoria do Plan INNOVACCION 2010

18/05/2010

Axudas nos subprogramas Interempresas Internacionais e apoio á industria da ciencia.

No BOE do martes 11 de maio publícanse as convocatorias para a concesión de axudas nos subprogramas Interempresas Internacionais e apoio á industria da ciencia.

As datas límite para a presentación de solicitudes serán o 15 de xuño de 2010 ás 12.00 para o subprograma Interempresas Internacionais e o 4 de xuño de 2010 ás 12:00 para o subprograma de apoio á industria da ciencia.

10/05/2010

Axudas Plan avanza

Axudas para a realización de proxectos e accións no marco da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información.

05/05/2010

Convocatoria CENIT 2010

Resolución do 22 de abril de 2010, da Presidencia do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, por que se aproba a convocatoria do ano 2010 do procedemento de concesión de subvencións do subprograma de apoio a consorcios estratéxicos nacionais de investigación técnica (CÉNIT).
Subvencións destinadas a financiar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para a economía, mediante a creación de consorcios estratéxicos nacionais de investigación técnica.

1 2 3 4 5 6 7 8