15 pymes poderán participar no proxecto de Certificación ISO 9001 e ISO 14001, a cargo das consultoras SN Vigo e ISONOVA, e que conta coa coafinanciación do Igape.
Debido ao número de empresas que poden participar no proxecto se estás interesado ponte canto antes en contacto coas consultoras contratadas Isonova 902 995 080 ou SN 986 911 493.
Os Sistemas de Xestión de Calidade son unha metodoloxía que integra o lado human, administrativo e técnico das empresas, a organización aproveita ó máximo tódolos seus recursos, incrementa a sua productividade e vólvese máis competitiva.
Hoxe non so basta con satisfacer as necesidades dos clientes, senón que se require dun esforzo adicional para superalas, tendo en conta ademáis os parámetros de eficacia e eficiencia para a rentabilidade da empresa.
Deste xeito, e imprescindible que as empresas implementen un sistema de aseguramento da calidade, que permita establecer unha estructura práctica que integra "a calidade" ó quefacer de todala organización, como unha ferramenta de xestión que integre ó cliente coa confianza e certeza de que a calidad planifícase, verifícase, corríxese e mellórase continuamente, e que aporte a Dirección un análisis de custos de calidade e non calidade.
|