 Proxecto que se levou a cabo no primeiro trimestre do 2010 en colaboración coa empresa asociada P&A. Cofinanciado por Igape
Este proxecto consistíu na realización de estudos de mercado co fin de analizar a situación actual de cada país e ver que posibilidades hai para os asociados de AJE de facer negocios e ir implantándose aos poucos, co obxectivo de ampliar a carteira de clientes.
Debido a que a maior parte das empresas asociadas a AJE son pemes, en moitos casos, non sería posible para elas desenvolver individualmente un proxecto como o actual, polo que AJE realizou un estudo pormenorizado do país para ver as posibilidades reais de exportación dos seus socios.
Estes estudos de mercado te ofrecen deste xeito, información relevante e estratéxica de primeira man en torno aos condicionantes, oportunidades e posibles alternativas de internacionalización dos seus produtos ou servizos.
Cofinanciado por IGAPE
|