NETWORKING SINERXÍAS ATLÁNTICAS
II EDICIÓN NETWORKING SINERXÍAS ATLÁNTICAS
📅 Xoves, 11 de xuño
🕗 20:00 h a 22:00 h
⛴️ Embarque: 19:45 h
📍 Lugar: Náutico de Vigo (xunto á estatua de Julio Verne)
Desde AJE Vigo convidámoste a vivir unha experiencia de networking diferente en plena Ría de Vigo, da man de Ocean Secrets.
A bordo do Nautilus, un barco equipado coa última tecnoloxía para a interpretación submarina e ambiental, descubriremos algúns dos segredos mellor gardados da nosa ría nunha ruta guiada única.
Grazas ao robot Nemo e á súa impresionante calidade de imaxe 4K, poderemos observar en directo especies mariñas e coñecer curiosidades sobre o entorno, combinando historia, bioloxía e entretemento nunha experiencia inmersiva e sorprendente.
✨ Unha oportunidade perfecta para conectar, favorecendo un ambiente distendido e próximo no que os asistentes poderán compartir experiencias, establecer novas relacións profesionais e crear sinerxías nun contexto diferente e innovador.
🥂 A actividade finalizará cun pequeno catering para fomentar a interacción entre os participantes.
0,00 € - 30,00 €Rango de precios: desde 0,00 € hasta 30,00 €
