FORMACIÓN: Como crear a Abel Caballero, Steve Jobs e Giorgio Armani con IA
Como crear a Abel Caballero, Steve Jobs e Giorgio Armani con IA
📅 Martes, 30 de xuño de 2026
🕗 13.30 h a 16.00 h
📍 Lugar: Edificio Redeiras, Vigo (Rúa Ribeira do Berbés, 11)
FORMACIÓN LEVADA ACABO POR INNATIAL (JAVI DÍAZ) CUNHA DURACIÓN DE 90 MINUTOS
Construiremos en directo e desde cero un bot de Telegram para uso interno en cada empresa que empregará Claude Code como orquestrador e Gemini conectado a través do MCP de Google AI Studio.
Ao longo do proceso veremos boas prácticas de proxecto (CLAUDE.md, ADRs e Git), a encriptación local dos datos para cumprir coa AI Act e como deseñar un comando de presentación que normalice a información do equipo.
Trátase dun exemplo xa implantado en empresas de máis de 1.000 empregados. Montarémolo xuntos e o código quedará dispoñible nun proxecto de GitHub asociado ao obradoiro, para poder replicalo cando queiramos.
Que imos aprender?
1. Como iniciar un proxecto IA-first con criterio: Estrutura mínima, control de versións e configuración limpa de contornas. O básico que diferencia un experimento dun produto real.
2. CLAUDE.md e ADRs: documentar a túa intención para o axente: Por que un bo CLAUDE.md aforra horas de explicacións repetidas ao modelo e como os ADRs (Architecture Decision Records) blindan as decisións técnicas tomadas co equipo.
3. Claude Code como orquestrador: do prompt ao código en produción: Como deixar que Claude Code escriba o bot mentres ti dirixes a conversa, validas decisións e mantés o control sobre o resultado final.
4. Bot de Telegram desde cero: BotFather, token e primeira resposta: A parte máis rápida e visual: en menos de 10 minutos teredes un bot capaz de responder ás vosas mensaxes.
5. MCP de Google AI Studio: conexión en directo con Gemini: Que é o Model Context Protocol, por que cambia as regras da integración entre LLMs e como conectalo ao voso bot en menos de cinco minutos.
6. Comando /presentarme con Abel Caballero: Como deseñar un fluxo conversacional que recolla información do equipo e a deixe estruturada para alimentar paneis de control e futuros axentes.
7. Validacións da conversa, administradores e acceso ao chat: Como controlar quen pode falar co bot: xestión de administradores, listas brancas de chats, validacións de comandos e separación entre uso interno e respostas accesibles. A diferenza entre un bot afeccionado e un bot empresarial.
8. Orquestración de modelos Gemini por comando ou resposta: Aprenderemos a cambiar o modelo de resposta, as opcións de entrada e saída, as funcións de “thinking” e outras configuracións asociadas a Gemini e aos scripts de Python xerados.
9. Comando /ideas con Steve Jobs: Como deseñar un fluxo de avaliación de ideas para empresas, aumentando o nivel de esforzo do bot orquestrado e incorporando capacidades avanzadas de razoamento.
10. Xeración de imaxes con Google AI Studio: Como crear imaxes desde Google AI Studio mediante Claude Code e aplicar técnicas de prompt engineering para mellorar os resultados e reducir custos.
11. Xeración de imaxes PRO con Giorgio Armani: Melloraremos as imaxes xeradas ata alcanzar a calidade dun estudo fotográfico profesional orientado a imaxes de produto para comercio electrónico.
12. Encriptación local de datos e AI Act: Como protexer a información que recolle o bot sen recorrer a infraestrutura cloud custosa e por que este paso xa non é opcional.
Ao rematar haberá un cóctel entre os asistentes.
0,00 € - 16,00 €Rango de precios: desde 0,00 € hasta 16,00 €
