Networking: Hackea o teu Estrés, Activa a túa Rede

Hackea o teu Estrés, Activa a túa Rede

Convidámoste a un encontro de networking diferente, pensado para emprendedores/as e empresarios/as que queren aprender a xestionar mellor o estrés, gañar claridade na toma de decisións e, ao mesmo tempo, crear novas conexións profesionais.

Da man de Victoria Ambrós, creadora de Programa Destres, gozaremos dun obradoiro práctico dunha hora no que coñeceremos ferramentas baseadas na neurociencia e no mindfulness para xestionar o estrés e as emocións no día a día profesional. A súa metodoloxía é principalmente vivencial, con técnicas sinxelas que poderás comezar a aplicar desde o día seguinte.

Finalizaremos a actividade cun Coffee Break para coñecernos, compartir experiencias e xerar novas oportunidades e sinerxías entre as persoas asistentes.

📅 Xoves, 10 de setembro
🕜 13:30 horas
📍 Hotel Nagari · Vigo

Actividade gratuíta para persoas asociadas a AJE Vigo e membros da Rede de Polos.

Público xeral: 27 €/persoa

Unha oportunidade para parar, conectar e seguir medrando, tanto a nivel persoal como profesional.

Rango de precios: desde 0,00 € hasta 27,00 €