Taller «FAI QUE CHATGPT TRABALLE PARA O TEU NEGOCIO»
Aprende a crear prompts, organizar proxectos e montar o teu primeiro asistente dixital — con exemplos reais e dende cero
¿Usas ChatGPT pero sentes que non lle estás sacando todo o partido?
A maioría de empresarios úsano para facer preguntas soltas. Sen método, sen contexto, sen estrutura. E así é imposible que traballe de verdade para o teu negocio.
Neste obradoiro práctico vas dar o salto de usuario ocasional a usuario profesional.
Aprenderás a:
🧠 Crear prompts específicos para o teu negocio — sen complicarte a vida
📁 Organizar a túa información en Proxectos para que ChatGPT sempre teña contexto
🤖 Montar o teu primeiro asistente dixital con tarefas concretas para o teu negocio
💡 Todo con exemplos reais de negocios como o teu — en directo
Nada de teoría. Nada de fume. Só o que podes comezar a usar esa mesma noite.
🤝 Ao rematar, haberá un espazo de networking para compartir, conectar e resolver dúbidas.
0,00 € - 16,00 €Rango de precios: desde 0,00 € hasta 16,00 €
